Pasarela de Pagamento Redsýs Sermepa para VirtueMart 2
Ver Imaxe en Tamaño Real


Pasarela de Pagamento Redsýs Sermepa para VirtueMart 2

Prezo: €49.00
€39.00
Aforro: €10.00

Algunha pregunta sobre este producto

Extensión comercial que che permite realizar facilmente a instalación dunha pasarela de pagamento co sistema Redsýs Sermepa para o compoñente Virtuemart 2.0.

Para as versións Joomla 2.5 e Joomla 1.5 a instalación realízase mediante o instalador xeral de Joomla.Tes que instalar o plug-in 'plg_vmpayment_redsys-1.0.1.zip' que é o método de pagamento do VM 2.0, e un compoñente que controla o cifrado das claves secretas da TPVV 'com_jetpvvcommon-1.0.1.zip'. O plugin pode funcionar perfectamente sen o compoñente pero, neste caso, os contrasinais secretas da TPVV son almacenadas en texto plano sen cifrar (é o que fai o VM 2 por defecto) cos riscos que isto supón. Como xa sinalamos, tanto o plugin coma o componente instálanse facilmente co instalador de Joomla.

Características destacadas da pasarela de pagamento Virtuemart:

  • Controla o estado dos teus pedidos. O noso plugin (método de pagamento) actualiza os estados do pedido
    segundo os resultados da operación na TPVV e garda todos os datos para presentalos no back-end de Joomla.
  • Unha novidade desta versión para Virtuemart 2.0 é que posibilita redirixir o cliente ao final do proceso de compra automaticamente cara ao sistema de pagamento do banco sen a necesidade de que faga clic en ningún botón. Esta nova funcionalidade é configurable dende o panel de control do plugin.
  • Agora funciona con modelos que se poden personalizar seguindo estas instrucións: www.joomlaempresa.es/es/forum/faq/917-icomo-personalizar-las-paginas-de-respuesta.html
  • Nova opción para inserir o 'Itemid' do elemento do menú ao que se asociarán as páxinas de resposta, o que che permitirá definir e personalizar o deseño da páxina de resposta á que regresa o cliente na túa tenda despois de pagar na TPVV.

  • A selección de idioma pódese realizar nun despregable con opción para que o plug-in detecte automaticamente o idioma de contexto de Joomla e seleccione o da pasarela de pagamento.

alt

  • Debaixo podes ver os parámetros de configuración do TPV Redsýs:

A instalación do método de pagamento TPV Redsys Sermepa para VirtueMart é moi sinxela:

  1. Primeiro descomprime o ficheiro Unzip_First_vm2_tpv_redsys-1.0.1.zip (aquí está a versión da TPV para J2.5-1.7-1.6-1.5+VM2), verás que dentro hai dous ficheiros, 'plg_vmpayment_redsys-1.0.1.zip' e 'com_jetpvvcommon-1.0.1.zip'.
  2. Instala os dous mediante o instalador de Joomla. Non esquezas activar despois o plug-in 'VM - Payment, Redsýs'
    no xestor de plugins. Lembra que para o compoñente non é necesario realizar ningunha acción adicional,  simplemente instalalo.
  3. En VirtueMart, diríxete á epígrafe de métodos de pagamento e fai click en 'Novo'. Ponlle un nome (p.e., 'Pagamento con tarxeta') e unha descrición (isto non é obrigatorio). Despois elixe no despregable de métodos de pagamento 'VMPAYMENT_REDSYS'. Fai clic en 'Gardar'
  4. Agora xa podes facer clic na lapela de configuración e inserir os datos precisos da TPVV (cada campo amosa a súa descrición ao pasar o cursor do rato sobre el). E facer clic en 'Aplicar' de novo.
  5. Para mudar a clave secreta do TPVV podes consultar esta ligazón

É importante ter unha pasarela de pagamento segura para poder incrementar as vendas da túa tenda online.

Idiomas dispoñibles: español, inglés, catalán, galego e euskera.

Aprende como configurar a extensión e como solucionar problemas coas: Preguntas Frecuentes sobre o TPV para Virtuemart

Compatible con VirtueMart 2.0 e con Joomla 2.5 e Joomla 1.5

Funciona con: Caixabank, Bankia, Banco Santander, Banco Popular Español, Banco de Sabadell, Catalunya Banc, Banco Español de Crédito, Bankinter, Banco Mare Nostrum, Caja España de Inversiones, Salamanca y Soria, Caja de Ahorros y Monte de Piedad, Caja Laboral Euskadiko Kutxa, Cajamar Caja Rural, Unnim Banc, Banca March, Banco Pastor, Barclays Bank, Lloyds Bank International, Caja Rural del Mediterráneo, Ruralcaja, Deutsche Bank, Caja Rural de Albacete, Ciudad Real y Cuenca,  Sociedad Cooperativa de Crédito, Globalcaja, Caja Rural del Sur, Banco Espirito Santo (Sucursal en España), Banco Cooperativo Español, Banco de Finanzas e Inversiones, Banco Sygma Hispania, Sucursal en España, MBNA Europe Bank Limited (Sucursal en España), Banco Etcheverría, Citibank España, Banco de Valencia, Banco Guipuzcoano, Banco Caixa Geral, Caja Rural de Granada, Caja Rural de Navarra, Bankoa, Caja Rural de Aragón, Finconsum, Banco de la Pequeña y Mediana Empresa, Ipar Kutxa Rural, Unoe Bank, etc... Podes ollar a listaxe completa de caixas e entidades bancarias en: http://www.joomlaempresa.es/es/forum/faq/165-compatibilidad-tpv-con-otros-bancos-y-cajas.html

Inclúe soporte ilimitado durante a instalación e configuración do TPV.

Queres saber que opinan do TPV Redsys Sermepa os nosos clientes? Le os comentarios sobre a nosa pasarela de pagamento para Virtuemart no Directorio Oficial de Extensións Joomla para valorar o noso TPV Redsys Sermepa.

Podes mercar esta extensión por só 49 €.




+
-



* Prezos sen impostos incluídos.

Sobre Nós:

Facemos webs para empresas, organizacións, asociacións, PEMES e particulares, sempre pensando nas necesidades dos nosos clientes.

JoomlaEmpresa.es non está afiliada ao Proxecto Joomla! ou Open Source Matters. O logo e o nome Joomla! é empregado cunha licenza limitada concedida por Open Source Matters, propietario da marca nos EUA e outros países.